Saltar ao contido

Album-oriented rock

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O album-oriented rock ou album rock, a miúdo abreviado como AOR (en galego, rock orientado aos álbums), é un estilo musical dentro do rock melódico. Caracterízase polos seus traballados refráns e melodías, a súa harmonía vocal e instrumental. Bebe do rock pero coa comercialidade característica do pop. É un rock apto para case todos os públicos sen a aspereza do rock puro. Tamén se lle coñece como soft rock.

Tivo o seu auxe no período que vai desde 1985 ata 1993 aproximadamente. Neste período moitos grupos coñecidos tocaron este xénero para desvincularse del por motivos comerciais cando así llo ditaron as súas compañías de discos. Entre estes últimos destacan Bon Jovi, Def Lepard, Michael Bolton e White Snake. Os seus máis xenuínos representantes, entre outros, son o grupo norteamericano Journey e o canadense Harem Scarem.



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.